Urbanismo en Ponte Boleira

     O noso corazón é unha, furna pequerrecha na que imos metendo pequenos retrincos da nosa existencia. De cando en vez unha airexiña de nada entra dentro remexe todo e aquel que estaba ala embaixo faino xurdir a superficie para petarche na porta da memoria e despertar as lembranzas e as conciencias.

Nos tempos nos que as lavadoras non existian a auga nas casas era un pribilexio i eu ainda andaba con pantalóns curtos lémbrome que miña nai levabame a un labadoiro que habia debaixo da Ponte Boleira no rio dos Gafos. Ela levaba na cabeza a balleira coa roupa ea min permitiaseme que lle asudaxe con un caldeiro de zinc, utensilios eles que estan xa en desuso.

No percorrido pasabamos polo solar onde atopabase a fabrica de curtidos e sempre me chamaba a atención a inmensa cheminea, esbelta, perfecta engrandecida ainda mais pola miña pequenez de neno.

Non imaxinaba como fora posibel facer xemellante monumento.

Pasaron moitos anos, un comeza a sentir fisicamente o paso do tempo e ainda mira a arrogancia da cheminea sola dominando o arruinado solar e as novas construcións como si lle quisera lembrar que e mais bella ca ti e que ainda aguanta. Nós coas nosas presas e as nosas innovacións non aguantamos nada que non nos sexa de utilidade inmediata .O urbanismo de hoxe coa sua bagaxe de especulación nón saben de sentimentalismos eso queda para aquelas mulleres que me contaban con nostalxia de cando elas traballaban na curtidoira e bagoas de tristura esvaraban polas meixelas ao lembralo.

Agora ven estamos vindo que se fan prazas e rotondas e se adornan con motivos alguns deles as veces incomprensibels e aberrantes Non caberia na futura urbanización de Ponte Boleira un monumento secular simbolo da Pontevedra industrial dos nosos avós. Non estaria millor que mais de catro que non din nada e con mais custe eu penso que a cheminea merece estar ai no medio dunha praza que ven poderia chamarse da Curtidoira.

Monumentos coma a cheminea xa non quedan, e tampouco e probable que os volvan facer por iso conservala e un xeito de non perder a memoria de outra epoca da historia da nosa cidade, anacos da nosa vida que paseniñamente fan a nosa historia.

Antón Roel

© 2019 Vaipolorio | Deseño yagocamarero.com