Esta marabilla natural que abrangue o río dos Gafos non foi inaugurada por ninguén, non houbo primeira pedra, non ten placa conmemorativa.
Pregamentos telúricos, sedimentos e clima foron conformando súa paisaxe maxestuosa: verde, pallosa, castaña, ocre, dourada; reflectida no seu río de andar preguizoso e augas cristalinas.
Así se mantivo dende seus antigos devanceiros.
Nin romanos nin franceses a turbaron, mesmo os caciques recuaron empacados como metoucos de millo pantasmais.
Non a estraguemos agora que é un pazo de cultura, un deleite para os ollos e unha escola para nosos fillos.
© Vaipolorio | Deseño yagocamarero.com