O fento xigante do río dos Gafos

     A miña nai e outras veciñas do rio dos Gafos tiñan que madrugar moito cando neste tempo de inverno tiñan que ir lavar ao rio para poder coller sitio no lavadoiro que houbo debaixo da Ponte Boleira para poder lavar a roupa en caso de chuvia, tiñan daquela o lavadoiro cuberto do Peilan pero era mais lonxe e de pago, preto do lavadoiro houbo un muiño ao caron do rio e nòs de cativos cada vez que pasaba por riva da ponte un camion puñamonos debaixo pois a rua daquela era de adoquins e resoaba e parecia que viña a ponte riva nosa

Ao caròn do rio nese lugar tamen houbo un muiño donde os veciños ian a moenda e tamen era espazo de reunion de xuntanza de veciños da contorna cas muiñadas, nos xogando iamos de un lugar a outro por unha pasarela de pedras sempre vixiados por nosas nais, agora no outono das nosas vidas cando pasamos por ese espazo cando xà nòn estan moitas das veciñas e veciños que viñan ao muiño eo lavadoiro lembramonos do traballiño daquelas xentes nun tempo que nadie tiña lavadora e as mulleriñas tiñan que cargar cubos e tinas de zin ca roupa lavada para a casa ,sobor de todo niste tempo de invernia en que nòn secaba eo peso era maior pois co bo tempo estiraban as sabas a clerexar cas raiolas do sol e as veigas semellaban nevaradas eo traballo era mais sinxelo.

Agora nise recuncho donde nun tempo se atopaba o lavadoiro eo muiño no que ainda se poden ver os restos das canles de pedra que devolvia o auga ao rio è cando nòs decatamos do aldraxe que fixeron o construir un edificio de cinco andares enriva do muiño e do rio polo menos tiveran a decencia de non deixar restos para que os veciños que o coñeceron e pasean por ese espazo a cotio non sintan pena e noxo do que fixeron cando roubaronlle ao rio un espazo de todos .

Nise recuncho cheo de nostalxias agromou ventureiro un fento xigante, un agasallo que nos fai a natureza de cando en vez. Seria bò en recordo è sinxelo homenaxe dos veciños e veciñas que viñan ao muiño è lavadoiro o por unha placa a caròn do fento, pois as veces os millores monumentos son os que nos ofrece a natureza ainda que nos nòn llo sepamos agrasdecer e a cadra intre enporquemos o rio ,agardamos que o fento teña millor vida e trato que o muiño eo lavadoiro memoria e nostalxia doutro tempo no que os nosos devanceiros tiñan en mais estima ao rio da que temos nós.

Apoiado na baranda de madeira do paseo ca compaña do marmurio do rio no seu paseniño debalar camiño da oscuridade ao seu paso por Campolongo ca beleza dos narcisos en flor, contanme a ultima lenda do Gafos que di que o fento medrou vizoso polas bagoas que virten os veciños è veciñas ao lembrar como era o muiño na sua infancia e xuventude cando estaba en todo seu esplendor. Asiña ciclicamente chegara o cuco para alonxar a tristura da invernia traendo a primavera no pico.

Antón Roel

© Vaipolorio | Deseño yagocamarero.com