A mosca do sol, “Heliofilus pendulus” é unha mosca da familia Syrphidae. Excelente voadora. É quen de manterse parada en vo, peneirando o aire, como si fora un lagarteiro. Fai uns rapidísimos movementos en zig, zag, incorporándose inmediatamente ao lugar inicial.
Helofilus: Amigo das charcas ou encoros. Pendulus: Fai a posta deixando os ovos pendurados debaixo dunha folla.
Mosca do sol. Chamada así polos ingleses. Anque nos non teñamos nome vernáculo, nin sin siquera na península; atopo esta traducción acertada porque é unha mosca que se pode ver por febreiro, en canto sale unha raiola de sol. Pola contra, anubrado, desaparece literalmente. Os ribeiregos máis ben pensarían que era unha vespa.
Os insectos teñen moitos inimigos naturais. Para comer e non ser comido hai que buscarse a vida, como ben demostrou Darwin. Así unhas especies producen veleno e advirten delo con unhas cores medroñentas, mentres outras copian este disfrace para confundilos predadores.
O mimetismo batesiano (Henry Walter Bates 1825 - 1892) é aquel no que especies inofensivas toman cores ou aspecto, máis ou menos semellantes de outras especies que son velenosas ou noxentas para seus depredadores. Estas últimas terían un mimetismo mülleriano (Friz Muller 1821 - 1897) para distinguir do mimetismo das outras.
A mosca do sol imita unha vespa. Seu aspecto máis parece o segundo que o primeiro.
Con toda seguridade a mosca do sol é un díptero (un só para de ás): mentras que as vespas son himenópteros (dous pares de ás). As fotografías revelan outras diferencias como: Os ollos, antenas, palpos bucais…
A mosca do sol ten unhas rengleiras negras e amarelas verticais no tórax, contrastando cos dibuxos horizontais do abdome.
Na miña humilde opinión: Un dos millores disfraces no carnaval entomolóxico do Rio dos Gafos.
© Vaipolorio | Deseño yagocamarero.com