Heroes

     Adican gran parte do seu tempo de lecer á limpeza do río Gafos e do seu contorno. Un exemplo que para todos nós debería ser un xeito de rubor. O seu traballo amosa en gran parte no que se converteu a nosa sociedade. Unha morea ade lixo no que só nos preocupamos de non tela ó noso carón, sen importarnos que con ela esnaquicemos un dos nosos tesouros naturais. Cada xornada de traballo sorprende polos resultados, e o que debería sa de estar limpo por outros días de labor volve a amosar o noso desinterese pola natureza.

Onte foi unha tonelada a que, entre os membros de Vaipolorío e voluntarios da Asociación Juan XXIII, xurdiu coma unha pantasma do propio río e do seu afluente o Pombal, e eso é moito decir. Unha tonelada de refugallos son moitas bolsas nas que se contén a nosa vergoña. Eses heroes merecen o noso recoñecemento e polo tanto o noso aplauso.

Ramón Rozas

© Vaipolorio | Deseño yagocamarero.com