O paxariño do rio dos Gafos

     Era por setembro cando madurecen as uvas e adqueren a cór do marmelo maduro, paseando a caròn do río cando escomenzan a caer paseniñamente as primeiras follas das àrbores no alborexar do outono nunha alfombra vexetal dunha policromia de cores amarelos verdes e ocres.

De sùpeto dunha morea de follas arremoiñadas polo vento vin coma se algo se movese separei as follas e alí estaba un paxariño que seguramente caera dalgunha árbore que se atopaba ó seu carón, era moi pequeno, pero no peito distinguíaselle unha pequena mancha amarela por iso a min pareceume un xílgaro que caera do niño e inda non voaba.

Separeino das follas acariñeino e sentín que inda tiña vida. Con moita mornura fixen un pequeno niño e púxeno enriba dun banco de madeira para que ninguén o pisara e os pais se decatasen e o recolleran, fuxín do lugar todo contento cun sorriso nos beizos por ter salvado a vida dun pequeno xílgaro.

Seguín co meu paseo cando vin de volta ao pasar a caron do banco estaba o paxariño eo niño que eu fixera con tanto agarimo destrozados pequenos restos espallados no camiño un animal seguramente un can acabou ca efimera vida do pobre xilgaro sen chegar a coñecer a primavera cando florecen os narcisos e lirios e arrecende o loureiro eo mentrasto e alegrar cos rechouchios dende a ponla dun ameneiro os paseos das xentes nas beiras do rio.

Fuxín do lugar sentíndome culpabel da morte do paxariño despois de soterralo a carón do rio entre as herbas e flores ventureiras a caron do fento que serve de haomenaxe as mulleres que ian lavar naquel recuncho, bagoas de tristura e pena resbalan polas miñas meixelas pensando que se os paxariños teñan ceo o xilgaro este nel perdoandome, fuxin do rio con tristura ollando cara a un ceo no que xa tampouco voan os estorniños que cos seus vos acrovaticos alegraban nosa infancia sempre lembro que nosa nosa nai decia que cando voaban xuntos era que os paxariños ian de voda.

Antón Roel

© Vaipolorio | Deseño yagocamarero.com