Romance dos Gafos

     Dos montes de Vilaboa florido na primaveira,
case seco no verán,
con amoras nas silveiras
cando comeza o outono,
auga fresca e cantareira
no frío e chuvioso inverno,
regando campos e veigas,
baixa o río dos Gafos
presumindo polas feiras
paseando en Pontevedra.

As augas fanse viaxeiras
por debaixo da Estación,
sementan as súas beiras
parellas de namorados
con palabras mentireiras
nas curvas do Gorgullón,
por paseo de madeira
achégase a Campolongo
onde soterra as maneiras
e sinte no peito cóxegas
cando os patos o peteiran,
mesturándose co mar
ó chegar ás Corbaceiras.

O vello río dos Gafos!

Eva Rodríguez

© Vaipolorio | Deseño yagocamarero.com