Pola Candolaria

     Imos da màn da asociaciòn VAIPOLORIO no dia dos humedais, cando no refraneiro do almanaque celebramos a CANDOLARIA de cando na noxa tradicion popular casan os pasariños, nun tempo cando nenos e ainda voaban ceibes os estorniños as nosas nais decianos que cando os paxariños se arremoiaban todos xuntos ian de boda cando o ceo era ceibe e lles perteñecia e os estorniños facian debuxos no ceo è non molestaban e alegraban a vida naquel tempo de fame e fume.

Camiñamos a caròn do rio ás polas das árbores filtran as pingas de auga fria de febreiro enchoupando o camiño co arrecendo de loureiro e mentrasto donde nas ourelas no tempo florece o Narciso, imos donde as Brañas do GAFOS se atopan no seu estado natural ali a carón dun Estripeiro o àrbore mais vello do rio o profesor AMANCIO CASTRO danos unha clase a pè de campo da importancia para a natureza e para todos nòs da conservacion è protecion dos humedais que como as brañas ainda permallecen sen degradar, nun espazo ainda virxen lonxe da cidade no rural donde as casas nunha tarde de friaxe co lume acendido fumegan as tellas . Xà non ai xente a traballar nas veigas nin gando nos pastizais, nin moendas nos muiños , xa nadie lava nas ourelas dos rios, nin se escoita o cantar do carro nas congostras , soio o rechouchio dos paxaros faime lembrar que xà axiña chega o cuco traendo a primavera no pico entre MARZO e ABRIL.

Vaixa cheo o rio das sete enchentes leva trazas de rio grande e abondoso cheo de pequenas fervenzas cas ourelas enchoupadas de auga, reverdecen os fentos co brilo da choiva cando as mimosas queren amarelar rematando co predominio do verde , facemos unha parada na Poza da Moura, non a atopamos pero soupemos da fermosa lenda da fada que queria cobrar peaxe por suas adiviñanzas è predicions e nòs queriamos saber algo do futuro do rio ainda que fose a cambeo de algo, magoa que non estibese, ao pasar polo muiño de CABANAS restaurado por VAIPOLORIO penso noutros tempos dos nosos antergos na quentura das lareiras e nos muiños a contar esas fermoas lendas nos longos dias de inverno nises espazos que foron museos naturais que souperon gardar a nosa historia que foron primordiais para engrandecer o noso patrimonio inmaterial e conservacion de cantigas e refraneiro eo idioma que foron pasando de pais a fillos è nòs estamos como as Brañas do GAFOS na obriga de conservar e deixalas para xeracions vindeiras tal como as atopamos.

Antón Roel

© Vaipolorio | Deseño yagocamarero.com