Na busca da Orella de Rato

     No ano 1755 o PAI SARMIENTO atopou unha pranta descoñecida ata entòn nas frondosas marxes do rio dos Gafos, e deixou constancia dela cunha descriciòn è debuxos nuns manuscritos, è atendendo as caracteristicas e debuxos asi como o lugar donde foi atopada o botanico F.JAVIER SILVA PANDO pensa que a citada planta ten que ser a ORELLA DE RATO, posteriormente catalogada e publicada por PERSON no 1797 que deulle nome Myotosis Discolor polo que dedúcese que SARMIENTO descobreuna con anterioridade.

Un fato de homes mulleres e nenos convocados pola asociaciòn VAIPOLORIO, guiados por Calros Solla, F. Javier Silva Pando e Amancio Castro, xà sen tempo non era, saimos na busca da planta Orella de Rato rio enrriba, donde trascorre mais limpo e menos contamiñado, buscamos polas orelas verdecidas e nas brañas o lugar do río que permañece mais virxe case como no tempo de Sarmiento. Atopamos moitas plantas que, sobor de todo os urbanitas como eu nòn coñeciamos ou tiñamos esquecidas, tamen moitas delas mediciñais das que utilizaba o Faracho e outros curandeiros, fixen un pequeño rasgullo e despois de moitisimo tempo voltei a utilizar a Cilidonia que as nosas nais recollian nos balados e nas orelas do rio para curar as feridas pois e un cicatrizante moi bo asi como outras herbas que as suas bondades e beneficios para a saude se trasmitian oralmente nas corredoiras e nos muiños.

O verdor da herba è as àrbores, as xestas lirios e narcisos en flor eo rechouchio dos paxaros xunto ao marmurio do rio que baixa con moi pouca auga pola falta da choiva ,lonxe quedan os tempos das sete enchentes no ano ,era como estar ollando un cadro de Van Gogh e escoitando unha melodia de Manlher. O botanico Pando con moita paciencia ía recollendo as plantas que nos iamos apañando e parecianos raras, con moita paciencia ia colocandoas entre as follas dun papel de xornal nun carpaz similar ao qu utizaban os naturistas do tempo de Sarmiento para logo estudalas mais devagar.

Nunha pradeira a caròn dun Estripeiro que se pensa que o àrbore mais vello do rio no lugar donde según detallou no manuscrito Sarmiento atopou a planta quedei abraiado ao atopar entre as herbas moi altas as fermosisimas mapoulas en flor moi abondosas antano en prados e fincas e beiras dos rios e que facia tempo que non ollaba ventureiras na natureza.

Despois de duas horas pateando o rio nòn atopamos a planta pero a nadie lle importou moito pois o paseo valeu a pena ,seguramente a Orella de Rato despois de presentarselle a Sarmiento pensou que nos nòn tillamos categoria e eso que Calros Solla que coñece todos os seres que habitan no rio por algo eo seu cronista invocou unha Moura que frecuenta unha poza no Gafos pero nin con esas , tamen pode ser como alguen apuntou que co cambeo climatico as pesticidas a contaminacion e demais aldraxes que se lle fixo ao Gafos acabaramos con ela, pero nos imos seguer bucandoa porque se existe seguro que ten que estar no Gafos …..Donde ia estar senòn.

Antón Roel

© 2019 Vaipolorio | Deseño yagocamarero.com