O cronista do río dos Gafos

     Os que pasamos a infancia e xuventude ó carón do río dos Gafos sempre quixemos atopar as palabras que puxeran un chisco de luz ao que nos sentimos nun tempo polo río, alguén que puxera en valor o que significou para as parroquias por onde transcorre ata a cidade onde estivo moito tempo esquecido, alguén que soubese contar a aldraxe que se cometeu co río ao seu paso pola cidade o telo agochado, unha lousa na conciencia dos que o coñecimos e desfrutamos cando era un río descuberto e cheo de luz que forma unha parte moi importante da historia da cidade e das nosas vidas.

Agora o escritor e historiador Calros Solla, como se fose o barqueiro que lle enseña a falar co río a Siddartha, o persoeiro do libro de Hermann Hesse, é capaz de furar na memoria e nas testemuñas da xente do río e contarnos en libros a historia e memoria dun río que a nos que o coñocemos fainos cóxegas no corazón cando os lemos. Cantar Primeiro de Maio, O río da memoria, Cartafol do río dos Gafos, un inxente traballo de máis de douscentos anos de historia e memoria dun río. Como di o autor, hai moitos xeitos de contar a historia de Pontevedra ó facela a traves do río que máis aldraxes sufriu na historia é unha moi boa maneira de facelo, e se quen a escribe é un home que sinte un cariño enorme polo Gafos, moito millor. Oxalá nós, os que tivemos o privilexio de coñecer e disfrutar do tramo do río agochado ao paso polo tramo urbán poideramos contar a súa historia, pero o río só lle conta os seus segredos á xente como Calros. Só a el foi quen de contarlle a fermosa historia do Demo Asubiador. O río ten memoria e lembra que cando o deixaron sen luz nos non fixemos nada por impedilo, a el que tantas alegrias nos deu na infancia deixámolo só.

Agora os de Vaipolorío, que tamen saben moito do río e son unha enchente máis do Gafos propoñen a Calros Solla ao premio Cidade de Pontevedra, eu súmome a petición, penso que unha persoa tan inplicada no traballo de recuperación da historia do noso río máis esquecido e con tanta historia e merecedor dabondo de todos os premios e sobor de todo o recoñecemento dos que nun tempo, xa moi lonxano pero moi preto no corazon, o rio formou unha parte moi importante das nosas vidas, mágoa que nos non souberamos como Calros escoitar o que conta o Gafos el como a luciña da vagalume o merlo que acompaña o marmurio do rio no seu paseniño davalar.

Antón Roel

© Vaipolorio | Deseño yagocamarero.com