Mantis Pau

     Empusa (grego): Espectro infernal relacionado co mundo dos mortos (Aristófanes) que podía transformarse en animal ou muller seductora. pennata de penna (latín)= pluma. Penacho da cabeza que semella un plumeiro.

Este fásmido* (pantasma) pertence a mesma suborde que a barbantesa e o insecto pau. Débese distinguir como familia, xénero e especie, anque o nome vulgar o relacione coa Santa Teresa. O aspecto da ninfa, co abdome revirado, causa noxo.

O exemplar adulto da nosa fotografía é unha femía grávida. Exemplo craro de mimetismo críptico. Captada pola nosa cámara nunha veiga de Tomeza a barbeito, con herba triga (Holcus lanutus), coinciden formas e cores nunha concordancia casi perfecta. O interior das patas dianteiras (cor viño) semella as herbas maduras do redor. A parte exterior das mesmas patas, coincide co verde e a cor pallosa da herba, igual co lombo alar, cabeza e tórax. A parte baixa do abdome dispón dunhas protuberancias idénticas cas espigas da herba do lado. Saben quedarse quetas ante a presenza de calquera depredador; feito que culmina este tipo de mimetismo. Extratexia válida, asi mesmo, para elas cazar.

Despoís de facela posta, os ovos quedan gardados nunha estructura suberosa chamada ooteca, fixados a unha pedra ou árbore.

Endemismo franco-ibérico na Europa.

Antes de facer valoracións subxetivas coa súa “pinta” valoremos a súa capacidade predadora sobre outros insectos en favor dos cultivos, ou deixémonos levar pola súa seducción helénica nas ribeira do rio dos Gafos.

*Nos taxóns actuáis xa non é suborde phasmidea, senón Mantodea.

Gonzalo Sancho Blanco

© Vaipolorio | Deseño yagocamarero.com