Fotos do Gafos no cisne

     Arrecendia a viño de pasas a amendoas a castañas pilongas a arenques a sardiñas afumadas a figos paxareiros a nostalxia e poesia, ali no ultramarinos o Cisne de sempre agora renovado pero coa filosofia de sempre cun mostrador para o despacho da mercadoria de comestibles e no interior para bebidas e tertulia , como cando antaño me levaba meu pai cando viñamos de volta polas rua Real coas cesterias que xa xoio queda unha e na Praza do Teucro as velliñas cos mazaricos de vimbios que ainda resisten ,e na tertulia con unhas pasas e froitos secos se arranxaba o xogo do Pontevedra de futbol ao regreso do vello Pasaron nos tempos do Hay que Roelo.

Ali estabamos na atardecida nun dia de inverno como os de antes de choiva e frio un fato de homes e mulleres combocados pola asociacion Vaipolorio a un pase con pasas de fotografias antigas do rio dos Gafos, e ali nun espazo maxico de supeto parouse o tempo e voltamos como nunha maquina do tempo corenta anos atrás. As fotos son como chaves que abren pequenas furnas e recunchos do fardel da memoria donde temos gardado anacos da nosa historia espazos de xogos rostros e anecdotas da nosa infancia que cando as lembramos famnos coxegas no corazon , sobor de todo aqueles que tibemos a sorte de pasar a nosa vida ou parte da infancia ao caron dun fermosisimo rio como era daquela epoca e como agardamos que volva a ser cando se destape o Gafos. E ali na tertulia da nostalxia dun rio na procura dun tempo fuxido de supeto alguen lembrouse dos baños na calor do veran no Menexo e Entre Rios , un home que traballou nos Talleres Pazo lembrase dun muiño de vento agora que tanto se fala deles pero que sacaba auga , unha señora se lembrava de cómo a sua nai puña as sabanas a secar nos prados de herva cas raiolas do sol nas ourelas do rio despois de lavalas con xabron Lagarto no labadoiro de pago do Peilan que supuxo na epoca unha millora pois era cuberto, un señor que traballou na tintoreria que veu de cativo como unha riada levouse a ponte da Tablada tamen alguen se lembrou de cando de rillotes no tempo dos maios se collian flores fiunchos e espadainas e rapiñar nos froitales e hervas polo san Xoan e ponlas de ameneiros e biudeiros para a fogueira e das muiñadas no muiño de Soler que na epoca eran ateneos de cultura e sabedoria popular ,de escoitar cantar o cuco ca chegada da primavera de atopar os niños dos paxaros , do engadido da capela de san Roque que lembra unha velliña, e aconteceu que nun intre pasaron corenta anos da nosa historia como se fose a metafora do rio que hoxe lembramos que paseniño de vagar coas augas tamen leva historias esperanzas promesas amoriños primeiros e ilusions dun tempo fuxido que non ten volta e soi esta nas fotos e na memoria das persoas que levan o rio no corazon.

Antón Roel

© 2019 Vaipolorio | Deseño yagocamarero.com