A Ponte do Couto


Na toponímia maior, lugar da freguesía de Salcedo (Pontevedra). Na microtoponímia ribeirá, microtopónimo ribeirán das freguesías de San Xosé e A Virxe do Camiño (Pontevedra). Ponte + Couto. Ponte, do latín ponte(m), co mesmo significado. Couto, quizais do latín cautu(m) “lugar cercado”.

Unha ponte é unha “construción que serve para pasar dun lado a outro dunha corrente de auga, dunha depresión do terreo ou dunha vía de comunicación”.

Un couto é un “conxunto de varios lugares, aldeas, parroquias que formaban un feudo ou territorio señorial e que estaban privilexiados na exención dalgunhas cargas por pertenceren directamente ao señor “, tamén, “terreo de monte valado; coutada” e, así mesmo, “terreo extenso dedicado a monte”.

Ponte do Couto, ponte de perpiaño de bela feitura (séc. XVI), quizais de orixe medieval, sobre o río dos Gafos: dous vans, bóvedas de medio punto e tallamar central. Probablemente, no antigo, foi vao da vía romana XIX e mais do camiño xacobeo portugués.

© Vaipolorio | Deseño yagocamarero.com