Os Cochos,
Fincas dos Cochos


Microtopónimos ribeiráns da freguesía de Figueirido (Vilaboa)

Interpretación A

Do latín coactare “obrigar”.

Cocho: Cova, tobo, lugar moi abrigado onde se pode refuxiar un animal; cocha.

O verbo acocharse significa “ocultarse para non ser visto; agocharse, agacharse”.

Interpretación B

Do latín coactare “obrigar”.

Cocho: Cortello dos porcos; cocha.

Interpretación C

Voz onomatopeica coch-coch-. Zootopónimo.

Cocho: Mamífero paquidermo da familia dos suídos (Sus suis), doméstico, omnívoro, de cabeza rematada nun fociño case cilíndrico, orellas caídas e patas curtas; marrán, porco, quino, rancho. Tamén, lugar con pouco aseo.

Río do Cocho é unha das denominacións do río dos Gafos.

© 2019 Vaipolorio | Deseño yagocamarero.com