Ghorghullón


Microtopónimo ribeirán da freguesía da Virxe do Camiño (Pontevedra). Ghorghullón é variante de gurgullón. Hidrotopónimo. Un gurgullón é un “manancial de auga que nace da terra facendo gurgullas; gurgullo”.

Fonte do Ghorghullón ou dos Pasais, manancial e construción feita para darlle saída á auga.

Río do Ghorghullón é una das denominacións do río dos Gafos.

Pasais do Ghorghullón, pasadoiro sobre o río dos Gafos.

© 2019 Vaipolorio | Deseño yagocamarero.com