O Toxal,
Matos do Toxal


Microtopónimos ribeiráns da freguesía de Bértola (Vilaboa). Toxal, forma derivada e abundancial de toxo. Toxo provén da voz prerromana *toju, co mesmo significado. Fitotopónimo. Un toxal é o “lugar onde medran os toxos; toxeira” ou “monte que está a toxos; toxeira”.

O toxo é unha “planta arbustiva da familia das papilonáceas de 1 a 2 metros de altura, con follas reducidas a puntas espiñentas e flores amarelas e axilares”.

O toxo arnal, cachar ou macho (Ulex europaeus) e o toxo mouro, gateño, molar ou femia (Ulex minor) son as especies máis comúns.

Río do Toxal é unha das denominacións do río dos Gafos.

Muíño do Toxal, na beira esquerda do río dos Gafos: muíño de cubo, unha moa, muros de cachotería e cuberta a unha auga. Pontella do muíño do Toxal, pasadoiro sobre o río dos Gafos.

© 2019 Vaipolorio | Deseño yagocamarero.com