Leito

Como consecuencia directa da dispersión poboacional galega este río discorre case sempre á beira de asentamentos humanos máis ou menos densos tendo o seu máximo expoñente na cidade de Pontevedra.

Polo tanto as súas marxes vense constantemente alteradas por mor das diversas actividades humanas do territorio: agricultura, obras públicas e infraestructuras entre outras.

Iso conleva, ás máis das veces, a unha forte regresión ou mesmo desaparición da vexetación de ribeira. Accións deste tipo supoñen unha grande ameaza de contaminación para a auga do río pois a chuvia pode arrastrar con facilidade fertilizantes, pesticidas, herbicidas e demais compostos ata o leito do río, co conseguinte impacto na súa calidade físico-química e biodiversidade.

© Vaipolorio | Deseño yagocamarero.com