Caudal

O aumento e descenso do nivel das súas augas ven marcado, de xeito evidente, pola pluviosidade das estacións do ano. Así en outono e inverno é cando acada os seus maiores caudais pois son as épocas das grandes chuvias.

No verán, pola contra, é cando menos auga leva no seu leito por ser o período máis seco do ano. Alén diso hai que considerar tamén o uso excesivo que se fai das súas augas para o rego das leiras e predios que se dispoñen nas súas beiras: ben a xeito de canles ou acequias ou ben extraendo directamente a auga por bombeo.

© 2019 Vaipolorio | Deseño yagocamarero.com