Canalización

Este é exemplo moi claro da transformación dun río nunha corrente subterránea.

No barrio pontevedrés de Campolongo, xa no tramo urbano, o río é canalizado durante uns 525m. Por riba del, paseos e edificios conforman un polígono urbano moi poboado froito da expansión urbana que experimentou Pontevedra nos últimos 30 anos.

O noso río volve ver a luz xusto antes de percorrer os derradeiros 200m que o levan a se entregar ao mar nas Corbaceiras, alá á beira do peirao onde foi construída a carabela Santa María polo Gremio de Mareantes en pleno século XV.

O Gafos foi testemuña viva daqueles tempos.

© 2019 Vaipolorio | Deseño yagocamarero.com